www.orquestasyfiestas.com publica hoxe o programa das festas da parroquia de Zarracós 2015

Unha das webs festeiras máis visitadas e con máis repercusión de toda Galicia

 www.orquestasyfiestas.com  publica hoxe o programa das festas da parroquia de Zarracós 2015

www.orquestasyfiestas.com (antigamente www.orquestas.tk) unha das webs festeiras máis visitadas e con máis repercusión de toda Galicia publica hoxe un artigo co programa das festas da parroquia de Zarracós. É un auténtico honor que unhas festas tan humildes como as nosas figuren de igual a igual entre as verbenas máis grandes de Galicia, como poden ser as festas das Neves de Melide, Camanzo, O Burgo, O Milladoiro...

Dende a Asociación de Veciños aproveitando a ocasión que nos brinda esta páxina web queremos darlle as grazas a todo o equipo que forma www.orquestasyfiestas.com : Mónica, Alberto, David, Manuel e Iago que fan posible que día tras día poidamos coñecer toda actualidade da verbena e das orquestras en Galicia, e todo dun xeito totalmente altruísta, o que sen lugar a ningunha dúbida merece aínda moita máis admiración e gratitude.

Xa sabedes! Se queredes saber todo sobre as orquestras e as festas en Galicia a vosa páxina web de referencia é: www.orquestasyfiestas.com

23 de Xullo do 2015




Destacamos