A vindeira semana iníciase a IV Exposición de Fotografías Antigas da Parroquia de Zarracós

No local socio cultural poderán ser admiradas preto de 300 imaxes

A vindeira semana iníciase a IV Exposición de  Fotografías Antigas da Parroquia de Zarracós
A vindeira semana iníciase a IV Exposición de  Fotografías Antigas da Parroquia de Zarracós

A vindeira semana iníciase a IV Exposición de  Fotografías Antigas da Parroquia de Zarracós
A vindeira semana iníciase a IV Exposición de  Fotografías Antigas da Parroquia de Zarracós

A vindeira semana iníciase a IV Exposición de  Fotografías Antigas da Parroquia de Zarracós

Esta Asociación de Veciños leva un lustro xuntando fotos antigas da parroquia de Zarracós, e este ano acadamos a fermosa cifra de 400 instantáneas,  das que nos permitimos o luxo de escoller unhas 300, que serán as que poidan ser admiradas nesta nova edición da exposición.

Estas imaxes  atesouran un gran valor sentimental e inmaterial, pois nelas podemos atopar moitos dos nosos antergos,  escenas das nosas tradicións e das nosas festas, xuntanzas familiares, romarías, recunchos irrecoñecibles dos nosos pobos.... escenas todas elas que teñen axudado a que esta exposición conte sempre cunha excepcional acollida.

Esta nova edición, de seguro que volverá ter unha gran aceptación, e dende aquí queremos animarvos a que a visitedes pois nela poderedes admirar novas imaxes, esencialmente dos anos oitenta e noventa, que sen dúbida vos traerán grandísimos recordos de épocas na que os nosos pobos estaban repletos de vida. Para que vos fagades unha idea incluímos unhas cantas imaxes neste artigo.

Antes de despedirnos non queremos deixar pasar a ocasión sen animarvos a que participedes nesta idea e sigades cedendo as vosas fotos antigas,e como non, dar as grazas a todos aqueles que xa colaboraron.

 

28 de Xullo do 2015




Destacamos