Unha fermosa tradición que non debería perderse no rural galego

Antigamente, en calquera casa dos nosos pobos había un José ou unha Josefa, unha Pepita ou un Pepe e incluso un Manuel ou unha Manuela. Tanto o día 19 de Marzo como día 1 de Xaneiro eran días grandes no rural, e os veciños e veciñas ían en procesión pola parroquia trouleando, cantando e visitando as casas daqueles que estaban de santo para tomarlle unha copiña de licor e comerlle unha rosquilla ou unha miga de bica, e como non ,cantarlle “As Mañanitas”.

O pasado sábado (19/03/2016) puidemos gravar este vídeo que hoxe publicamos. Un pequeno vídeo dunha tradición que coidamos que non debería perderse nas nosas terras.

30 de Marzo do 2016




Destacamos