A asociación Sustinea festexa o Día Mundial da Terra percorrendo o roteiro de A Broa con mozos e mozas da zona

Unha iniciativa realmente admirable e que debería motivarnos para aprobeitar ó máximo o fermoso roteiro sinalizado do que dispomos

A asociación Sustinea festexa o Día Mundial da Terra percorrendo o roteiro de A Broa con mozos e mozas da zona

O pasado sábado 24 de Abril, un grupo de mozos e mozas da zona, así como, membros da Asociación Sustinea realizaban o roteiro de A Broa para conmemorar o Día Mundial da Terra. Unha inciativa realmente interesante a destes mozos e que dende a Asociación de Veciños animamos a repetir, aínda que sexa de xeito individual ou con pequenos grupos de amigos, pois na nosa zona temos un fermoso roteiro perfectamente sinalizado que é digno de disfrutar e difundir.

Artigo orixinal

Festexamos o Día Mundial da Terra de roteiro polo Arnoia

Onte 24 de abril, un total de 24 persoas e 1 cadeliña, xuntámonos para desfrutar dunha xornada soleada e primaveral polas polas carballeiras e soutos do Arnoia, un dos Bosques Atlánticos máis fermosos da nosa provincia.
 
A paisaxe, a boa compañía, as risas, o barro, zapatillas encharcadas, e algún que outro tropezo fixo que a xornada fose aínda moito mellor.
 
Unha camiñata de aproximadamente 15 km. deunos para coñecer a biodiversidade deste tipo de bosques, dende cobras, teixugueiras, rastros de corzos, xabaríns, mustélidos, o peto, paporubio, rousinol común, ata sapo común, lirios, carballos e soutos centenarios, etc...
 
Agardecemos a todas as persoas que participaron pola xuntanza para festexar un día tan importante, e polas gañas de "coñecer para conservar" o noso partimonio ambiental.

Fonte de información: http://sustinea.org/?q=content/festexamos-o-d%C3%AD-mundial-da-terra-de-roteiro-polo-arnoia

27 de Abril do 2016




Destacamos