Outono micolóxico Ourense 2009

17-20 de Novembro X Semana Micolóxica Ourensá, 22 Novembro Exposición anual de cogomelos

Na mente desta Asociación de Veciños, estaba este ano o organizar unha xornada adicada os cogomelos para que todos os afecionados da micoloxía, que nesta zona son moitos, puidesen profundir nun tema verdadeiramente apasionante.

Así puxémonos en contacto coa Asociación de Micoloxía Os corgordos (de Ourense) pero por motivos de tempo e debida a apretada axenda desta Asociación este ano non será posible, ainda que o próximo ano esta xornada, case con toda certeza, se leve a cabo.

Namentres, deixamos a vosa disposición o díptico da Semana Micolóxica Ourensá e da Exposición Anual de Cogomelos que leva a cabo a Asociación Os Cogordos, e invitamosvos a que vos pasedes dado que o tema e bastante interesante.

Podedes atopar máis información na web: http://www.cogordos.com

 

20 de Novembro do 2009




Destacamos