Ritmo Noche substituirá á orquestra Terranova na festa das Neves 2017

Ritmo Noche substituirá á orquestra Terranova na festa das Neves 2017

Despois de moitas dores de cabeza e de darlle voltas e máis voltas examinando as posibles alternativas para substituír á orquestra Terranova, tralo do seu inesperado cerre, decidimos que sexa a orquestra Ritmo Noche  de Pontevedra a encargada de amenizar o día 5 de agosto na festa das Neves 2017.

Unha orquestra que aínda que é de recente creación (2013), conta con grandes profesionais nas súas filas, incluso algúns deles, xa pasaron por Zarracós co mítico grupo Xutanza que amenizou as nosas festas durante un par de anos. Esta formación, ademais dunha calidade humana e profesional conta cunha vistosa montaxe, que des seguro nos deleitará a todos. En definitiva, despois de considerar múltiples alternativas cremos que esta é a máis axeitada.

Neste artigo axuntamos o afiche da mencionada formación, un gran traballo de Music Vanog Publicidade e Marketing do Espectáculo, e tamén un par de vídeos para que poidades admirar o bo facer desta orquestra. 

30 de Xaneiro do 2017




Destacamos