Este 2017 volve a romaría do San Cibrao

Sábado 26 de agosto do 2017

Este 2017 volve a romaría do San Cibrao

Despois de varios anos sen celebrarse, este 2017 volve unha das romarías máis senlleiras e con máis arraigo da nosa zona, volve a Romaría do San Cibrao. Será o vindeiro sábado, 26 de agosto, cun programa festeiro completísimo no que estarán a charanga BCB, Meigas do Son e a orquestra Superfama. Ademais tamén haberá espectáculo da queimada e xogos populares. Sen lugar a ningunha dúbida unha cita para non perderse.

24 de Xullo do 2017




Destacamos