O canal de Youtube de asociación de veciños supera as 50.000 visualizacións

Máis de 480 vídeos á vosa completa disposición

O canal de Youtube de asociación de veciños supera as 50.000 visualizacións

Esta semana o canal de Youtube da asociación de veciños ven de superar a nada desprezable cifra de 50.000 visualizacións, sobre todo tendo en conta o cativa que é a nosa parroquia.

Dende a súa posta en funcionamento, aló polo mes de abril do ano 2013, lévanse incorporado ó canal un total de 485 vídeos agrupados en 31 listas de reprodución, gravacións que reflexan  toda canta actividade, celebración ou festexo se produciu na nosa parroquia dende o ano 2009.

A continuación destacamos algúns datos curiosos como que o 90% destas visualizacións producíronse dende España, aínda que tamén en menor medida dende outros países como: Portugal, Estados Unidos, Brasil, Suíza, Lituania, México, Francia, Venezuela, Colombia,.... outro dato bastante sorprendente, polo menos segundo Youtube, é que o 69% das visualizacións foron de homes, mentres que o 31% de mulleres. Por último, destacar que o canal conta, nada máis e nada menos, que con 46 subscritores.

A continuación deixamos unhas cantas listas de reprodución cos últimos vídeos que se incorporaron ó canal: a festa das Neves 2017, as primeiras olimpíadas da Broa, o monólogo de Avelino González e o xantar popular do San Ceriz.

 

31 de Agosto do 2017




Destacamos