Novo colector para reciclar o aceite vexetal usado

Situado ó carón do campo da festa de Zarracós

Novo colector para reciclar o aceite vexetal usado

A Excma. Deputación de Ourense ven de instalar, xunto ós contedores existentes ó carón do campo da festa de Zarracós, un novo colector para a reciclaxe de aceite vexetal usado domiciliario. Este colector é apto para o depósito directo de botellas e envases de ata dous litros de aceite usado de orixe doméstica ou asimilado, é dicir, para tirar o aceite no contedor hai que metelo previamente en botellas de  plástico cerradas, que logo se depositan dentro.

Unha boa iniciativa que esperamos conte cunha gran aceptación, tal como reza en dito contedor “Recicla e aceitarás”

24 de Setembro do 2017




Destacamos