A orquestra LaBase de Lugo xa ten afiche oficial para este ano 2018

Esta formación amenizará a festa das Neves o sábado 4 de agosto de 2018

A orquestra LaBase de Lugo xa ten afiche oficial para este ano 2018

A orquestra LaBase (de Lugo) ven de presentar recentemente o que será a súa imaxe oficial para o presente ano 2018. Como xa mencionamos nalgún artigo publicado anteriormente, esta agrupación musical será a encargada de amenizar o sábado, día 4 de agosto de 2018, as festas na honra á Virxe das Neves da parroquia de Zarracós.

Unha formación de nova creación pero conformada por persoas con experiencia sobradamente contrastada na verbena galega e que de seguro farán as delicias do público que se anime a gozar das festas. Estes son os seus integrantes:

  • Vanesa Lence (Cantante), pasou por agrupacións como Caramelo, D'Zona, Asiria ou Venezia
  • Carlos Cereijo (Cantante), pasou por agrupacións como Caramelo, Pasito Show ou Asiria
  • Adrián Guacarán Rivas (Cantante), pasou por formacións como Capricho, Tryp Montecarlo, Pacífico ou La Bamba
  • Borja López (Guitarrista), pasou por agrupacións como Metrópolis, Limón ou Principal
  • Diana Abad (Baixista)
  • Pablo Parra (Teclista), pasou por formacións como Caramelo, D'Zona, Asiria, Venezia ou Limón
  • Brandán Corredoira (Batería), que se inicia no mundo da verbena
  • Luis Montero (Saxofonista)
  • Francisco Luis García (Trompetista), anteriormente estivo na orquestra Caramelo

En total 9 compoñentes en escea sobre un escenario móbil de 16,5mX8mX9m e cunha potencia de son de 30.000W Array.

16 de Abril do 2018




Destacamos