Artigo: A asociación de veciños procede a limpar a beirada do comunal de Zarracós en dirección ó camiño do Vimbieiro | Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós


A asociación de veciños procede a limpar a beirada do comunal de Zarracós en dirección ó camiño do Vimbieiro

Este traballo será asumido con cargo ós fondos deste organismo

A asociación de veciños procede a limpar a beirada do comunal de Zarracós en dirección ó camiño do Vimbieiro
A asociación de veciños procede a limpar a beirada do comunal de Zarracós en dirección ó camiño do Vimbieiro

A asociación de veciños procede a limpar a beirada do comunal de Zarracós en dirección ó camiño do Vimbieiro
A asociación de veciños procede a limpar a beirada do comunal de Zarracós en dirección ó camiño do Vimbieiro

Despois de que o Concello de A Merca se puxera en contacto con esta asociación de veciños ó ter recibido varias queixas referentes ó monte comunal de Zarracós, sobre todo no que atinxe a beirada do mesmo en dirección ó camiño do Vimbieiro, dende esta organización tomouse a decisión de contratar persoal para executar a limpeza e desbroce desta zona concreta do monte veciñal.

Así, durante o día de onte e hoxe o persoal contratado para tal efecto procedeu ó debroce do lugar (tal e como se pode comprobar nas fotografías que acompañan este artigo), e xa aproveitando a ocasión, tamén se limparon as inmediacións do local sociocultural.

O custe desta acción será asumido integramente con cargo ós fondos desta asociación de veciños. Pero, en futuras ocasións, e no caso de vernos na obriga de ter que desbrozar os máis de 35.000m2 que conforman o monte comunal de Zarracós intentarase buscar a colaboración doutros organismos, e no caso de non ser posible, atopar unha fórmula de financiamento alternativo que seguramente pase por unha cuota entre os socios do pobo de Zarracós.

26 de Abril do 2018




Destacamos