Artigo: Colocación das banderiñas para engalanar as rúas polas festas 2018 | Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós


Colocación das banderiñas para engalanar as rúas polas festas 2018

Colocación das banderiñas para engalanar as rúas polas festas 2018

Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas da parroquia de San Andrés de Zarracós, que o vindeiro Domingo, día 29 de Xullo, ás 9.00 da mañá, procederase a colocar as “banderillas” para engalanar as rúas da parroquia polas festas.

O punto de encontro será xunto ó local social a hora mencionada (9.00 da mañá).

A Asociación de Veciños agradece a colaboración de todos aqueles que se presten a botar unha man para realizar dito traballo.

NOTA: de non existir axuda veciñal para realizar esta tarefa, soamente se colocarán bandeiriñas nas entradas dos pobos.

 

03 de Xullo do 2018




Destacamos