Artigo: Lanzamento de foguetes durante a festa das Neves 2018 | Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós


Lanzamento de foguetes durante a festa das Neves 2018

Lanzamento de foguetes durante a festa das Neves 2018

Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas da parroquia de San Andrés de Zarracós que este ano, ao igual que nos cinco últimos anos, a comisión de festas non mercará nin lanzará ningún artiluxio pirotécnico, tal e como se comentou na Asemblea Xeral celebrada o día 7 de setembro de 2014.

Por tanto, avógase á prudencia por parte de todos, ó mesmo tempo que se pretende clarificar que a comisión de festas non prohibe o lanzamento dos mesmos a ninguén, pero que tampouco será responsable do que se realice en cada domicilio particular e dos danos que se puideran ocasionar.

03 de Xullo do 2018




Destacamos