Artigo: O Concello de A Merca arranxou a pista entre Salpurido e Cobas do Río | Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós


O Concello de A Merca arranxou a pista entre Salpurido e Cobas do Río

Tamén diversos tramos entre Cobas do Río e Corvillón

O Concello de A Merca arranxou a pista entre Salpurido e Cobas do Río
O Concello de A Merca arranxou a pista entre Salpurido e Cobas do Río

O Concello de A Merca arranxou a pista entre Salpurido e Cobas do Río
O Concello de A Merca arranxou a pista entre Salpurido e Cobas do Río

Ó longo da semana pasada a empresa Viso e Hijos de Cortegada procedía a asfaltar os 650 metros que separan o final do pobo de Salpurido coa primeira entrada ó pobo de Cobas do Río, a praza existente na parte superior do pobo de Cobas e a entrada superior ó mesmo. Esta era unha vella demanda dos veciños de ámbalas dúas aldeas, e tamén, desta asociación de veciños, que agora por fin se ve materializada.

Tamén procederon a reparar dous tramos entre o pobo de Cobas do Río e o de Corvillón. Un desde a pista da Ponte Ermida ata uns metros despois do camiño que vai cara Fontao e outro dende o camiño da Parroira ata o enlace coa estrada Corvillón-Corredoira.

09 de Xullo do 2018




Destacamos