Artigo: Torneo de tute Zarracós 2018 | Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós


Torneo de tute Zarracós 2018

Será o día 2 de agosto, ás 20.00 horas, e disputarase polo sistema de eliminatorias no mesmo día

Torneo de tute Zarracós 2018

Xa está aquí o decano dos campionatos de tute da nosa zona, volve o campionato de Tute Zarracós 2018. Será o xoves, día 2 de agosto, ás 20.00 horas no local sociocultural e  disputarse mediante o sistema de eliminatorias, polo que se resolverá todo no mesmo día.

A inscrición é de 5 euros por persoa, é dicir, 10 euros por parella e haberá trofeos para a parella campiona e subcampiona. Ademáis, teremos servizo de bar a prezos realmente baixos e cea de balde para os que vos animedes a participar.

Se queres pasar un intre agradable e de paso colaborar coa festa, non o dubides nin o máis mínimo e anótate!!

19 de Xullo do 2018




Destacamos