Artigo: Luís Iglesia seduciu ó publico no campo da festa de Zarracós | Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós


Luís Iglesia seduciu ó publico no campo da festa de Zarracós

Ninguén se puido resistir ó fino humor deste gran actor

Luís Iglesia seduciu ó publico no campo da festa de Zarracós
Luís Iglesia seduciu ó publico no campo da festa de Zarracós

O pasado sábado, día 28 de xullo, preto de cento cincuenta persoas se achegaron ata o campo da festa de Zarracós para gozar ó vivo do espectáculo de: Luís Iglesia Besteiro, sobradamente coñecido polo seu papel de Carmelo na serie Matalobos da TVG. E abofé que non defraudou nin deixou indiferente a ninguén, así co seu último monólogo: “Un pouco de tolo" foi capaz facer sorrir á totalidade do público presente empregando un humor fino e intelixente, moi distante do humor fácil e soez baseado en tópicos.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Luís e compañía pola súa gran profesionalidade e inmellorable trato, tamén queremos dar as grazas a Bieito Blanco por sonorizar o evento de xeito totalmente altruísta. Agardamos que esta terceira noite de monólogo fose do agrado de todos os que vos animastes asistir.

Así, para que poidades revivir o vivido a pasada noite deixamos uns cantos vídeos e unhas fotografías do evento:

Pulsa para ver a galería fotográfica do monólogo de Luis Iglesia B

31 de Xullo do 2018




Destacamos