Portada da web

Noticias de interés

Actividades organizadas

Contacto e opinión

A nosa asociación

Multimedia

A nosa parroquia

Enlaces recomendados


Esta web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación - Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Festas
Festa do Magosto 2011
Celebrada o pasado sábado, 12 de Novembro, con record de participación

O pasado sábado, día 12 de Novembro, tiña lugar unha nova cita da tradicional festa do Magosto da parroquia de San Andrés de Zarracós (e van xa 18 anos consecutivos organizando este festexo), que este ano tiña como principal novidade que se celebraba ao mediodía en lugar de pola tarde noite, como viña sendo costume nos últimos anos.

Os preparativos para o festexo comezaban a iso das 10 da mañá, cando aqueles voluntarios que así o desexaron se dirixiron ao monte comunal de Zarracós para cortar a leña que daría lugar ao gran lume que quentaría o aireoso día que se presentou. Mentres, outros voluntarios irían preparando toda a comida: cortando as empanadas,os lacóns, o pan e as bicas, asando as castañas e os chourizos, repartindo a bebida e os utensilios para comer....

Así, a íso das 14.00 horas, e a pesares das intempestivas condicións meteorolóxicas que se presentaron, máis de 115 persoas se daban cita no Outeiro para dar boa conta do menú e da festa propostos pola organización, para xa na sobremesa, e unha vez entrados en calor, troulear un pouco e entoar canterías do estilo: "Mami me voy pa la Habana, donde las merluzas se pescan con caña, pero en Zarracós todo es distinto, las merluzas se pescan con vino tinto, pero en Zarracós todo es diferente, las merluzas se pescan con aguardiente". E como non, tamén houbo tempo para xogar a partida, manter interesantes conversas... pero sobre todo, para disfrutar da irmandade veciñal, que de vez en cando, proporcionan festas destas características.

Pola noite, e dado que sobrou unha gran cantidade de comida, todos aqueles que así desexaron puideron volver para cear, prolongándose a festa ata ben entrada a noite con canterías varias, xogos de cartas, bailes....

Magosto 2011

enquisa magosto 2011
 

Publidado 13 de Novembro do 2011 Compartir
Festa do Magosto 2011
Sábado 12 de Novembro, ás 2 do mediodía

Publidado 16 de Outubro do 2011 Compartir
Festa das Neves 2012
Os días 4 e 5 de Agosto

A Asociación de Veciños ven de concretar o programa básico das festas da Virxe das Neves para o ano 2012. Un programa continuista, que  supón un lixeiro incremento no orzamento con respecto ao ano anterior (200 euros). Conforme avance o ano iremos informando de toda canta novidade se vaia producindo.

FESTA DAS NEVES 2012

Sábado 4 de Agosto de 2012

Alborada coa charanga ENTRE AMIGOS (de Ourense)

Festa e verbena coa orquestra MADEIRA (do Ferrol)

Domingo 5 de Agosto de 2012

Alborada coa charanga BRÉTEMA (de Gomesende)

Festa e verbena cun gran grupo por confirmar.

 

 

Galería de fotos da Orquestra Madeira

Publidado 11 de Setembro do 2011 Compartir
Agradecementos Festa das Neves 2011

AGRADECEMENTOS

FESTA DAS NEVES 2011

 

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as gracias:

·        A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo.

·        A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias que achegaron diñeiro a maiores.

·        A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 400 €, así como a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente, especial mención a Emilio Fernández Taín.

·        A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuiron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen  ningún tipo de publicidade.

·        A todos os compoñentes da  Charanga As Neves de Zarracós, por animar durante tres días as festas de xeito totalmente altruista.

·        A Bieito Blanco por colaborar de xeito totalmente desinteresado na realización do karaoke, dos xogos infantís e por ensaiar e coordinar esa magnífica charanga que representa a nosa parroquia.

·        A todos aqueles que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, ben fora aportando regalos ou o seu propio traballo.

Gracias a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son.

Dende a Asociación de Veciños esperamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.

Publidado 16 de Agosto do 2011 Compartir
Contas da Festa das Neves 2011
520 euros de beneficio, a falta de duas cuotas por cobrar

GASTOS

CONCEPTO DO GASTO

IMPORTE (€)

ORQUESTRAS, CHARANGAS, LUZ,

XERADOR ELÉCTRICO, SEGURIDADE SOCIAL

E PERMISOS DA FESTA

8.400

SORTEO DE 400 €

400

TROFEOS E MEDALLAS

129

CARTEIS

75

BANDEIRAS

50

FOGUETES

1.140

XOGOS INFANTÍS

100

ARREGLO FLORAL DA IGREXA E MISAS

310

BEBIDAS DO TORNEO DE TUTE

33

INVITACIÓNS CHARANGAS E ORQUESTAS

68

GASTOS TOTAIS

10.705 €

INGRESOS

CONCEPTO DO INGRESO

IMPORTE (€)

72 CUOTAS X 80 €

5.760

DONATIVOS

2.030

RIFAS DO SORTEO DE 400 €

1.749

RECADACIÓN DA IGREXA PARROQUIAL

453

TORNEO DE TUTE

108

TORNEO DE CHAVE SAN CERIZ

144

TORNEO DE CHAVE AS NEVES

138

SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE A MERCA

180

BAR DA FESTA

300

BEBIDAS VENDIDAS NO TORNEO DE TUTE

33

PUBLICIDADE CARTEIS

330

INGRESOS TOTAIS

11.225 €

11.225 € - 10.705 € =   +520 € DE BENEFICIO  

Que se ingresarán na conta bancaria da Asociación de Veciños, a falta de 2 cuotas por cobrar

Dos beneficios pagarase unha cea ós componentes da Charanga As Neves por animar a festa durante os tres días.

Publidado 16 de Agosto do 2011 Compartir
1 2 3 4 5 6 Seguinte Última