Libro de visitas

Participa na web deixando o teu comentario



José Manuel Taín Vilanova Zarracós (España)

Boas noites estimado Sr. Pepe Benavente Lamentablemente non teño fotos da II Andaina do Concello de A Merca para colgar, pero se vostede,dado que é un home tan participativo para "todo" tivese a vontade de proporcionarmas a través de correo electrónico correo@zarracos.org, non tería en inconvinte algún en plubicarllas nesta páxina web. No caso de que non se atreva a enviarmas, animo encarecidamente a que consulte a páxina web do Concello de A Merca, na que poderá ver unha extensa galería de dito evento. (http://www.amerca.es). Saudos PD: Aínda que me repita... non coñezo a ningún Pepe Benavente da parroquia de Zarracós ou da contorna polo que non estaría demáis que saise do anonimato, ou .... tanto se avergonza vostede ou vostedes dos seus comentarios como para non porlle nome e apelidos???
Publicado o 17 de Maio do 2010 ás 23:20:46

Pepe Benavente Ourense (A España)

Estimado amigo, Xosé Manoel, escribo para felicirtarte polas fotos mais boas que fixeches na andaina do concello de A Merca!!
Publicado o 16 de Maio do 2010 ás 23:26:26

José Manuel Taín Vilanova Zarracós (España)

Boa noite Señor Pepe Benavente! No que atinxe a festa das Neves 2010 e como se ven informando nesta páxina web dende o mes de Agosto do 2009 , esta xa está contratada para dous días (7 e 8 de Agosto) , tal e como se acordou na Asemblea Xeral realizada ó remate das festas patronais do 2009. Con respecto o de un só día de festa é algo que se leva estudiando por parte da Asocación de Veciños moitas veces, pero moi o contrario do que moita xente poida pensar, o ter un só día de festa non a melloraría en absoluto. Se tras unha “orquestra medianiña” non “boa” vas gastar o mesmo que traendo dous “grupos musicais medianiños”, e por conseguinte as festas non melloran nin en calidade nin en cantidade, a lo menos baixo o meu humilde punto de vista. O de dar a alborada con calma (cousa que eu creo que xa se fai mais ou menos, dado que unha alborada non consiste en dar un concertó en cada casa, senón en ir pola rúa tocando), ou o ir de viños toda tarde recorrendo os distintos pobos da parroquia cunha charanga, son ideas verdadeiramente loables e moi respetables, que compartiría parcialmente dado que os maiores porsuposto que tamén teñen deireto a desfrutar da festa. Pero esta idea, como todo ten os seus pros e os seus contras. Toda idea destas características conleva unha loxística, e como non, alguén que a leve a cabo, o facer iso suporía que os que nos encargamos de organizar festa apenas teriamos nin tempo para comer coa familia por ter que ir coas charangas recorrer o pobos da parroquia, e a min particularmente gustame disfrutar das festas cos meus familiares. P.D: Eu non coñezo a ningún Pepe Benavente da parroquia de Zarracós nin arredores, non estaría demáis dar a cara e sair do anonimato.
Publicado o 04 de Maio do 2010 ás 22:53:45

Pepe Benavente Zarracos (Galiza)

Boa tarde!! xa vexo que o foro está moi animado, ehh?? Unha suxerencia para a festa do 2010: Cada ano o custe das orquestras aumenta a maior ritmo que as aportacións dos socios e os donativos, de acordo non??, pois logo por que non ter un só dia de festa?. Digo eu, non seria mellor ter un só día de festa con unha mellor orquestra, e despois cos cartos que se aforran traer unhas charangas que toquen "con calma" polos pobos da parroquia, e non como se fai a día de hoxe, que sempre ides con presa por todos os pobos. Que pasa que a xente maior dos pobos que non pode ir ao campo non ten dereito a escoitar o barullo dunha charanga. E tamén, asi cambiamos un pouco, non che parece??, sempre é o mesmo de todos os anos, non estaría ben unha rolda de charanga pola tarde, tomando uns viños polas casas??. Ala, pensaino un pouco, e xa me dirás que opinas. Un saúdo.
Publicado o 04 de Maio do 2010 ás 20:53:17

Pepe Benavente Marte (Via lactea)

Boa noite! Onde está colgado o pdf da asamblea de febreiro??
Publicado o 26 de Febreiro do 2010 ás 23:11:28

Pepe Benavente Marte (España)

Arre carallo !! os ladróns xa non son o que eran, podendo marchar coa pantalla e a antena, solo marchan coa esta ultima, ou non teñen moitas luces ou ían postos de licor ata as orellas !!!! Nestes tempos de austeridade e co gaio de facer fronte a esta crise eu propoñoche vender a televisión, e co recaudado por unha alarma para que non vos rouben a nevera !! Un saúdo a todos. :-D
Publicado o 22 de Novembro do 2009 ás 20:13:32




Destacamos