Portada da web

Noticias de interés

Actividades organizadas

Contacto e opinión

A nosa asociación

Multimedia

A nosa parroquia

Enlaces recomendados


Esta web en galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación - Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.

Obras
Instalación dun sistema colga cadros no local socio-cultural da parroquia de Zarracós
A edificación convértese nunha aula cultural capaz de albergar exposicións

A Asociación de Veciños de Zarracós, na súa intención de dinamizar ao máximo a parroquia e de ir equipando pouco a pouco o novo local socio-cultural, ven de investir 450€ para instalar un sistema colga cadros (podedes velo na imaxe adxunta a este artigo).

Esta pequena inversión persegue converter a nova edificación nun aula cultural, con cabida para albergar todo tipo de exposicións pictóricas ou fotográficas. Por iso, a estrea deste sistema será na clausura do cursiño de manualidades deste ano, onde se poderá admirar unha completa exposicións de todos os cadros realizados durante o mesmo.

Publidado 20 de Novembro do 2011 Compartir
Instalados novos puntos de luz no novo local Socio-Cultural da parroquia de Zarracós

Hoxe, luns día 13 de Xuño do 2011, a empresa CARPILECTRO S.L de Corbillón, por encargo da Asociación de Veciños, procedía a colocación de catro novos puntos de luz (marcados en verde na foto) no novo local socio-cultural da parroquia.

Esta pequena obra ven motivada pola escaseza de luz coa que contaba incialmente o local, unha vez rematada a construcción do mesmo, xa que só contoba con un único punto de luz para todo o salón (marcado en vermello na foto).

A obra, como xa se mencionara anteriormente nesta páxina web será sufragada con cargo ós fondos desta Asociación.

 

Publidado 13 de Xuño do 2011 Compartir
Esta semana deron comezo as obras para reformar a instalación eléctrica da Igrexa Parroquial
Máis de un ano de trámites para facer posible esta obra

Esta semana, a empresa CARPILECTRO S.L (de Corbillón), comezou coas obras para reformar a instalación eléctrica da Igrexa Parroquial. Esta instalación será realizada conforme o proxecto presentando polo enxeñeiro industrial contratado para tal efecto ante Dirección Xeral de Patrimonio.

Así, nos próximos días a antiga instalación que data dos anos 60 será reemplazada por unha moderna, adaptada ás novas necesidades e normativa, na que destacan a gran cantidade de enchufes repartidos polas intalacións, a colocación de luces de emerxencia en todas as portas, un cadro de automáticos en condicións...

Dende a Asociación de Veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Manuel Canal Vázquez por facer posible esta gran obra da que, sen dúbida, poderemos disfrutar todos os veciños.

Publidado 10 de Febreiro do 2011 Compartir
As obras do local socio-cultural da parroquia de Zarracós avanzan de novo a bo ritmo
O exterior xa está practicamente rematado

Esta semana as obras do novo local socio-cultural da parroquia de Zarracós avanzaron de novo a un ritmo vertixinoso, tanto que ,o exterior xa está practicamente rematado (tal e como se pode comprobar na imaxe adxunta).

Ó longo deste período completouse o tellado, o gran porche que adorna toda a fachada da casa así como todos os remates exteriores do tellado en madeira. No interior, tamén xa se replantearon as divisións interiores e cámara e se aislaron con poliuretano as paredes.

Paseniñamente este gran proxecto vai tomando forma, e ainda que neste ano non poderemos disfrutar del, no 2011 de seguro que lle quitaremos moito rendemento.


Publidado 17 de Decembro do 2010 Compartir
Resultados económicos da restauración do Retablo Maior
Balance de gastos e ingresos, así como, listado de donativos

CONTAS RESTAURACICIÓN RETABLO MAIOR

INGRESOS

CONCEPTO DO INGRESO

IMPORTE

COTAS (71 COTAS x 80€)

5.680

SUBVENCIÓN EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE

6.000

DONATIVOS

14.770

INGRESOS TOTAIS

26.450

 

GASTOS

CONCEPTO DO GASTO

IMPORTE

RESTAURACIÓN RETABLO MAIOR

26.060

COPIAS DE PAPEIS

26,1

VIAXES REALIZADAS

109

CHAMADAS TELEFÓNICAS

12

MATERIAL OFIMÁTICO

59,85

GASTOS TOTAIS

26.266,95

 

26.450 € - 26.266,95 € = +183,5 € DE BENEFICIOa falta de 2 cotas por cobrar

Aínda que o resultado da obra é positivo, asociado a esta decidiuse colocar tres peanas de madeira de castaño por valor de 300 € e realizar uns pinchos con motivo da inauguración, o importe disto será financiado con cargo ós fondos da Asociación de Veciños.

Dende a Xunta Directiva queremos agraceder a todos os veciños a excepcional colaboración prestada, de xeito moi especial a Manuel e Raúl Vázquez Outeiriño e a súa familia e a Manuel Canal Vázquez.

GRACIAS A TODOS

DONATIVOS RESTAURACIÓN RETABLO MAIOR

 

NOME E APELIDOS

CANTIDADE

ANÓNIMO

100

ANÓNIMO

20

ANTONIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

10

ANTONIO RODRÍGUEZ CANAL

40

ANTONIO TAÍN CASAS

20

BEGOÑA CONDE CID

20

BENITA FREIRE CASAL

20

CARMEN E AURELIO CAMBA VÁZQUEZ

220

DELFINA TAÍN FERNÁNDEZ

20

EMILIA DORREGO CANAL

20

EVENCIO FERNÁNDEZ REINOSO

20

FRANCISCO CONDE FREIRE

80

HERMINIO FERNÁNDEZ FREIRE

20

IRMÁNS VÁZQUEZ TAÍN

1.800

JACINTO PENA VÁZQUEZ

20

JAVIER FERNÁNDEZ E PATRICIA BORRAJO

50

JOSÉ MANUEL TAÍN VILANOVA

30

JOSÉ PEÑA FREIRE

20

JULIO CASAL CID

80

MANUEL CANAL VÁZQUEZ

5.000

MANUEL FERNÁNDEZ VILANOVA

20

MANUEL TAÍN DÍAZ

20

MANUEL VÁZQUEZ OUTEIRIÑO

4.920

MARÍA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

120

OBDULIA FERNÁNDEZ DÍAZ

40

PILAR RIVERO DORADO

20

RAÚL VÁZQUEZ OUTEIRIÑO

1.920

SARA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

80

TRINO CANAL RODRÍGUEZ

20

TOTAL

14.770

O  listado é por orde alfabética de nome e apelidos, se vostede aportou para a restauración e o seu nome non aparece nesta lista, comuníqueo de inmediato a Asociación de Veciños para subsanar o erro.

Publidado 11 de Decembro do 2010 Compartir
1 2 3 4 5 6 Seguinte Última