Outro dos atractivos turísticos que sen dúbida cabe reseñar son as súas tres fontes: a do San Ceriz, a do Campo (situada na praza central do pobo) e a Fonte , que noutrora serviron ó pobo de auga, e que agora restauradas ofrecen ós visitantes e residentes un lugar de ocio e esparcemento.
Ademáis de todo isto, Zarracós segue a estructura típica dun pobo galego: rúas estreitas e camiños angostos, casas en pedra do país con blasóns nas paredes e tella curva recubrindo os seus tellados, eiras que non hai moito servían para facer as mallas, empilar a leña ... e que agora son aparcamentos para coches, grupos de canastros, rastros dun pasado eminentemente agrario, cruceiros de pedra mudos testigos do paso do tempo.
Pero Zarracós é un pobo que vai cos tempos, así posúe gran variedade de servicios, que fan que vivir nel sexa agradable, tales como amplias zonas de recreo onde os maiores poden esparcirse paseando ou falar sentados comadamente ó abeiro dunha árbore. Tamén conta con varias pistas deportivas: de tenis, de fútbol ou de baloncesto onde os rapaces e non tan rapaces poden pasar un rato agradable practicando deporte, mentres os máis pequenos da familia gozan xogando nos columpios. Outro dos servicios destacable e o local social, no que se realizan multitude de actos ó longo do ano.
Cobas do Río
Cobas do Río, é o segundo pobo máis grande da parroquía, situado na marxe esquerda do Río Arnoía, e a pouca distancia do mítico pobo da Pontermida, ofrece gran cantidade de encantos a quen o visite. Como non destacar as súas dúas fontes, especialmente a do "Pinguelo" , da que din que a súa auga posúe propiedades medicinais, ademáis de estar nunha paraxe realmente fermosa ó carón dun pequeno regato e a sombra de bidueiros, ameneiros, sabugueiros...
Outro dos atractivos do pobo son a gran cantidade de soutos que o rodean, e que contan con castiñeiros centenarios, verdadeiramente impresionantes.
SalpuridoPor último e non menos importante, o pobo de Salpurido, no que cabe destacar a impresionante casa solariega que ocupa o centro do pobo, e onde din as persoas máis anciás da parroquia que estivo emplazada a casa consistorial, e que incluso había médico e outros servicios. Actualmente a casa foi dividida e pertence a varios propietarios, pero aínda conserva o seu encanto, porpiaños de pedra do país nas súas paredes adornadas con tremendos escudos de armas, eiras empedradas... Tamén cabe destacar a finca totalmente amurallada que pertencía a familia dos
"Carderos" propietaria da casa solariega amén da fonte que se atopa o carón de dita casa.