{"id":2750,"date":"2019-10-29T15:40:20","date_gmt":"2019-10-29T15:40:20","guid":{"rendered":"http:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/?p=2750"},"modified":"2021-02-17T17:49:12","modified_gmt":"2021-02-17T17:49:12","slug":"x-andaina-do-concello-da-merca-2019","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/x-andaina-do-concello-da-merca-2019\/","title":{"rendered":"X Andaina do Concello da Merca 2019"},"content":{"rendered":"\n<p> O inicio da ruta, tal e como ven sendo costume nos \u00faltimos anos, foi o  local social de Rubill\u00f3s. Dende a\u00ed partimos en direcci\u00f3n \u00f3 mu\u00ed\u00f1o do  Cristino para cruzar o R\u00edo Arnoia polas poldras do mesmo nome e  dirixirnos \u00f3 pobo de Entrambosr\u00edos. Xa no n\u00facleo deste pintoresco pobo,  xiramos cara a esquerda para continuar o noso ascenso polo denominado  <strong>\u201cCami\u00f1o da Fraga\u201d<\/strong>, onde os soutos centenarios nos envolven a ambos lados  do sendeiro, dando lugar a unha paisaxe extraordinariamente id\u00edlica e  chea de paz, soamente interrompida polo leve rumor do Arnoia. As\u00ed, antes  de alcanzar unha das primeiras cotas nas inmediaci\u00f3ns do pobo de  Salpurido, cruzamos a chamada <strong>\u201cFontela da Fraga\u201d<\/strong>, un gran manancial de  auga que enlama este sendeiro e que segundo contan os maiores do lugar,  nunca secou. <\/p>\n\n\n\n<p>Seguidamente, iniciamos o descenso cara o pobo de Cobas do R\u00edo \u00f3 que  chegaremos a trav\u00e9s dunha estreita canella\u00a0 delimitada por lousas  gran\u00edticas e que desemboca na eira m\u00e1is baixa da aldea, na que podemos  observar un interesante conxunto de catro h\u00f3rreos, un deles bastante  curioso, dado que est\u00e1 suspendido a uns cantos metros de altura. Varios  centos de metros antes, deixaremos atr\u00e1s o Coto das Mo\u00e1s e unha  importante cantidade de casti\u00f1eiros centenarios.<\/p>\n\n\n\n<p>Abandonamos o pobo de Cobas do R\u00edo pola s\u00faa parte m\u00e1is baixa, para  cruzar o <strong>\u201cRegueiro de Fontao\u201d <\/strong>xunto a un lavadeiro e dirixir os nosos  pasos cara a aldea abandonada da Ponte Ermida a trav\u00e9s do denominado <strong> \u201cCami\u00f1o do C\u00e1ndido\u201d<\/strong>. A proximidade do Arnoia d\u00e9ixase sentir e o seu  murmurio \u00a0arr\u00f3lanos durante esta parte do traxecto ata que chegamos \u00e1  nomeada aldea abandona, onde os nosos pasos se dete\u00f1en por un intre para  admirar aquelas pedras que noutro tempo atesouraron tanta vida e que  hoxe gardan silencio m\u00e1is absoluto.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos cami\u00f1ando por unha pista ata chegar \u00f3s restos do denominado <strong> \u201cMu\u00ed\u00f1o do Baldomino ou do Cholas\u201d<\/strong> na ribeira esquerda do Arnoia, \u00f3 seu  car\u00f3n unha pontella e unha presa co mesmo nome, que hoxe se atopan  practicamente destru\u00eddas como consecuencia da gran cantidade de troncos  que arrastra o r\u00edo durante as crecidas invernais.<\/p>\n\n\n\n<p> \u00a0Tras deter a nosa mirada uns segundos cara o r\u00edo, iniciamos unha das  partes m\u00e1is duras da cami\u00f1ada, que non \u00e9 outra que o ascenso ata o  <strong>\u201cCami\u00f1o de Magarelos\u201d <\/strong>polo<strong> \u201cCami\u00f1o do Pisco\u201d<\/strong>, o cal, vai superando o  enorme desnivel existente facendo numerosos zigzags pola ladeira da  monta\u00f1a. As\u00ed, despois de por a proba a nosa forma f\u00edsica, encaramos un  tramo practicamente chairo que nos levar\u00e1 \u00f3 pobo de Fontao a trav\u00e9s do  <strong>\u201cCami\u00f1o do Poulo\u201d<\/strong>, non sen antes deternos un instante para admirar o  maxestoso e impo\u00f1ente \u201cCarballo do Ferreiro\u201d, unha \u00e1rbore centenaria  digna de admirar.<\/p>\n\n\n\n<p> Despois de repor forzas nas inmediaci\u00f3ns da antiga escola de Fontao,  encaramos a segunda metade da andaina collendo a chamada<strong> \u201cVerea Real\u201d<\/strong>,  unha ruta que antigamente era empregada polos zapateiros de Vilanova dos  Infantes para ir a buscar o coiro \u00e1 vila de Allariz. A trav\u00e9s deste  cami\u00f1o tan senlleiro chegamos ata o pobo de Ox\u00e9n de Arriba, onde  atravesamos as s\u00faas estreitas r\u00faas para iniciar o \u00faltimo ascenso da ruta  ata a chamada<strong> \u201cFonte do Ollos\u201d<\/strong>. Cabe destacar, que nesta parte do  traxecto a paisaxe varia de xeito substancial e as carballeiras e soutos  tornan en pi\u00f1eiros.<\/p>\n\n\n\n<p>\n\tUnha vez na nomeada fonte, iniciamos o descenso ata o pobo de Ol\u00e1s por \nun dos cami\u00f1os m\u00e1is fermosos e singulares da nosa contorna, xa que \ndiscorre delimitado por valados de ata catro metros de altura,&nbsp; baixo a \nsombra de pi\u00f1eiros na s\u00faa parte m\u00e1is elevada e de carballos e \ncasti\u00f1eiros na s\u00faa parte m\u00e1is baixa.<\/p>\n\n\n\n<p> Despois de cami\u00f1ar uns minutos pola chamada <strong>\u201cPista de Tres Carreira\u201d<\/strong>  chegamos \u00f3 pobo Ol\u00e1s polo que despois de pasear un pouco as s\u00faas r\u00faas,  atopamos un marabilloso e perfectamente restaurado conxunto de h\u00f3rreos  que chama poderosamente a nosa atenci\u00f3n. Deixamos atr\u00e1s esta aldea e  encaramos a recta final do traxecto collendo un cami\u00f1o que,  posteriormente, se converter\u00e1 en canella e que nos levar\u00e1 \u00f3 fermoso  campo da festa do pobo de Entrambosr\u00edos, que atravesaremos novamente  para coller un cami\u00f1o paralelo o r\u00edo Arnoia e que nos deixara xusto \u00f3  car\u00f3n da <strong>\u201cPonte da Lera\u201d<\/strong>, que cruzaremos para chegar \u00f3 punto inicial  desta ruta circular.<\/p>\n\n\n\n<iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" height=\"500\" scrolling=\"no\" src=\"https:\/\/es.wikiloc.com\/wikiloc\/spatialArtifacts.do?event=view&amp;id=42900696&amp;measures=on&amp;title=on&amp;near=off&amp;images=off&amp;maptype=H\" width=\"100%\"><\/iframe><\/p>\n<div style=\"background-color:#fff;color:#777;font-size:11px;line-height:16px;\">\n\tPowered by <a href=\"https:\/\/es.wikiloc.com\" style=\"color:#06d;font-size:11px;line-height:16px;\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">Wikiloc<\/a><\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O inicio da ruta, tal e como ven sendo costume nos \u00faltimos anos, foi o local social de Rubill\u00f3s. Dende a\u00ed partimos en direcci\u00f3n \u00f3 mu\u00ed\u00f1o do Cristino para cruzar o R\u00edo Arnoia polas poldras do mesmo nome e dirixirnos &hellip; <a href=\"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/x-andaina-do-concello-da-merca-2019\/\">Continued<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2751,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[31,5],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2750"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2750"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2750\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2753,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2750\/revisions\/2753"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2751"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2750"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2750"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.zarracos.org\/abroa\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2750"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}