Acceso e normas da ludobiblio de Zarracós

Un espazo cultural para o esparexemento da veciñanza

Acceso e normas da ludobiblio de Zarracós

Para facer uso da Ludobiblio do baixo do palco da música e dos fondos e xogos existentes na mesma, o único que terás que facer é pedirlle a algún membro da directiva da asociación de veciños.

De xeito totalmente gratuíto poderás levar ó teu domicilio ata 3 libros de cada vez co único compromiso de devolvelos nun prazo de 30 días en estado similar ó que che foron entregados.

Así mesmo, deberás cubrir unha folla que estará a túa disposición na entrada da propia ludobiblio indicando os seguintes datos: Ref (terá un formato LDBZ-00000 e estará no interior de todos os libros, xeralmente ó principio), nome, apelidos e data do préstamo.

No caso de perdelos ou estragalos deberás abonar o seu prezo. Se houbese reincidencia, poderanse tomar medidas disciplinares, por exemplo, vetando o acceso á ludobiblio.

Se os 30 días non foran suficientes poderás renovar o préstamo por outros 15 días comunicándollo a algún dos membros da directiva da asociación.

Na actualidade tes a túa disposición máis de 425 libros e revistas e máis de 100 xogos de mesa. Un lugar ideal poder reunirse, xogar unha partida ó xadrez, ás damas, ás cartas, ó parchís, ler algún dos libros dispoñibles, escoitar música, debuxar, ...

Premendo no seguinte enlace poderás acceder a todos os títulos dispoñibles:

https://www.librarything.es/catalog.php?view=aavvzarracos&collection=767504&shelf=list&sort=stampREV

 

14 de Abril do 2023




Destacamos