Sorteos de Nadal Zarracós 2024

Para axudar ao funcionamento da asociación de veciños

Sorteos de Nadal Zarracós 2024

Dende xa podedes mercar números para  os Sorteos de Nadal Zarracós 2024, que ao igual que os últimos anos, consistirán nunha fantástica cesta de nadal con xamón e dous vales de compra en Celanova CHEA por valor de 70€ e 50€ respectivamente.

Novamente, volvemos apostar polo comercio local e por iso, tanto o segundo como o terceiro premio serán vales de compra para gastar en Celanova, concretamente nos establecementos asociados a Celanova CHEA que son case a totalidade.

Pola súa banda, dende Celanova CHEA, teñen a grandísima xentileza de achegar 20€ aos premios do sorteo, por iso non podemos facer máis que expresarlle o noso agradecemento e animar a outras asociacións, comisións de festas, entidades e empresas a que aposten polo comercio local.

Así, e como ven sendo costume, o reparto dos agasallos farase co sorteo da Lotería Nacional do 22 de decembro do 2024. Os premios serán os seguintes:

  • 1º Premio: Unha fantástica cesta de Nadal con xamón (cuxa papeleta coincida coas tres últimas cifras do primeiro premio da lotería)
  • 2º Premio: Un vale de 70€ para gastar en calquera establecemento asociado a Celanova CHEA (cuxa papeleta coincida coas tres últimas cifras do segundo premio da lotería)
  • 3º Premio: Un vale de 50€ para gastar en calquera establecemento asociado a Celanova CHEA (cuxa papeleta coincida coas tres últimas cifras do terceiro premio da lotería)

O prezo de cada papeleta será de 4€, contendo cada unha cinco terminacións de tres cifras para participar no sorteo

Premendo no seguinte enlace podedes consultar as terminacións dispoñibles

https://www.zarracos.org/sorteo

De antemán moitas grazas pola vosa colaboración.

15 de Outubro do 2024




Destacamos