Exposición de Arte Local

Durante todo o mes de agosto de 2023 no local sociocultural de Zarracós

Exposición de Arte Local

Nunha aposta decidida por achegar propostas culturais ó rural, este ano presentamos unha novidade para a tempada estival da Broa que consiste nunha Exposición de Arte Local que poderá ser admirada durante todo o mes de agosto no local sociocultural de Zarracós.

A mostra pictórica estará composta por obras de: Ivette Bordera, Mary Peña e Ángel Vento. A este importante grupo de artistas unirase a poeta Nuria Erre Pe que tamén exhibirá varios dos seus poemas.

Dende a asociación de veciños queremos agradecer a predisposición de todas e de todos estes artistas a participar desta idea e como non, animar a toda a veciñanza a visitar esta mostra.

 

03 de Xullo do 2023




Destacamos