Cinema de verán Zarracós 2023 coa proxección da película Cuñados

Mércores 9 de agosto de 2023, ás 22.30 horas, con entrada libre

Cinema de verán Zarracós 2023 coa proxección da película Cuñados

Dende a asociación de veciños seguimos apostando por achegar propostas culturais ó rural, así, este verán poderemos gozar de cinema ó aire libre coa proxección da película Cuñados.

A cita será no Campo da Festa de Zarracós o vindeiro, mércores 9 de agosto de 2023, ás 22.30 horas, e a entrada coma sempre, será completamente de balde.  Ademais contaremos con servizo de bar por se queredes tomar algo.

Dende a asociación de veciños queremos agradecer a enorme colaboración ofrecida pola produtora galega Portocabo e como non animarvos a que veñades pasar un rato agradable ó campo da festa de Zarracós.

A continuación deixamos o “trailer” da película:

06 de Xullo do 2023




Destacamos