Contas do armario sancristía

Contas do armario sancristía

Unha vez instalado o armario da sancristía da igrexa parroquial e mantendo a transparencia que sempre caracterizou a esta asociación de veciños, procedemos a expor as debidas contas.

Os ingresos ascenderon a un total de 2.985€, mentres que os gastos foron de 2.278,55€. Realizando a resta entre ambos valores obtemos que no que respecta a adquisición do armario houbo un saldo positivo de +706,50€.

Así, e segundo o acordado na asemblea xeral na que se aprobou a cota extraordinaria de 50€ por socio para esta compra, tamén se comentou que o remanente tentaría empregarse na seguinte anualidade (2024) para restaurar as portas grandes da igrexa parroquial, sen embargo, como en todos os fogares, sempre aparecen avarías ou imprevistos ós que facerlle fronte e na semana da festa fundiuse un dos focos que alumean o altar maior, tendo que buscar unha solución rápida ó problema, polo que se decidiu empregar parte do remanente do armario para instalar dous novos focos LED de 150W cada un e 3000K, tendo estes uns custe de 496,10€.

Resumindo, quedan +210,40€ de remanente para futuras intervencións na igrexa parroquial (706,50€ - 496,10€).


Grazas a toda veciñanza pola súa extraordinaria colaboración

 

18 de Agosto do 2023




Destacamos