IX Edición da campaña -Ante a Adversidade, Solidariedade-

Dende o 1 ata o 17 de decembro recolleremos alimentos para o Bancos de Alimentos de Ourense

IX Edición da campaña -Ante a Adversidade, Solidariedade-

Durante os oito anos precedentes e grazas a enorme xenerosidade de toda veciñanza, fomos capaces de entregar ó Banco de Alimentos de Ourense e a outras entidades como Cáritas Ourense máis de 350 quilos de alimentos cada ano.

Nos últimos tempos e debido á enorme necesidade alimentaria provocada polo COVID-19, a guerra de Ucraína, a crise enerxética e a enorme inflación... faise necesaria, máis ca nunca, a inmensa solidariedade de todas aquelas persoas que poidan achegar o seu pequeno gran de area (neste caso en forma de comida), por iso dende a asociación de veciños mantemos o noso compromiso anual e  iniciamos a novena edición da campaña "Ante a adversidade, solidariedade" coa que en colaboración co noso párroco Don Miguel Blanco recolleremos alimentos para doar ó Banco de Alimentos de Ourense dende o 1 ata o 17 de decembro do 2023.

Dende a ONG infórmannos que o que máis necesitan nestes intres son: leite, aceite, galletas, cacao en polvo, alimentos infantís (potitos, papillas, leite en po,...), conservas de pescado e produtos de nadal, pero tamén serán ben recibidos calquera tipo de alimento non perecedoiro.

Aínda que a data máxima para a recollida de alimentos está establecida o día 17 de decembro de 2023, aconsellamos non deixalo para o último momento, dado que nestes derradeiros meses do ano no Banco de Alimentos teñen moitísimo traballo e ás veces para poder organizarse recollen un pouco antes do previsto nun inicio.

A fame non se ve, colabora!

23 de Novembro do 2023




Destacamos