Chega a IV Edición da Foliada: Carmiña Baila Entrambosríos 2025

O vindeiro 12 de xullo ás 20:00 h, a Praza da Capela do Carme de Entrambosríos

Chega a IV Edición da Foliada: Carmiña Baila Entrambosríos 2025

O vindeiro 12 de xullo ás 20:00 h, a Praza da Capela do Carme de Entrambosríos converterase no escenario dunha nova noite de música, danza e tradición coa celebración da IV Edición Foliada: Carmiña Baila.

O evento abrirá cunha representación teatral moi especial: "Noite de Fiadeiro", que nos mergullará nas historias e lembranzas das nosas avoas. A festa continuará con diversas actuacións e moita música para bailar sen parar.

Merenda no Gastrobar para repoñer forzas e seguir gozando dunha noite chea de folclore, comunidade e bo ambiente.

Organiza a AAVV Entrambosríos xunto a Bailabroa, coa colaboración das Pandereteiras de Zarracos.

Non faltes. A tradición está máis viva ca nunca.

30 de Xuño do 2025




Destacamos