Unha homenaxe ós segadores galegos que viaxaban a Castela para facer a seitura
A edición deste ano da Romaría Etnografica Raigame homenaxea este ano a aqueles loitadores incansables que durante moitos veráns viaxaron a Castela para facer a seitura. Moitos foron os nosos ancestros que durante os meses de xuño, xullo e agosto abandonaron o seu fogar e as súas familias para ganar o xornal nas extensas chairas de Castela.
Unha fermosa romaría e unha cita ineludible na Comarca de Celanova que vos animamos a visitar.
16 de Maio do 2016