Érase unha vez unha nena tremendamente lista, á que sete sabios lle ían facer preguntas que ela sempre era capaz de contestar ó momento.
Así, o último dos sete sabios en formularlle a súa pregunta, pensaba para si que esta non sería capaz de responderlle tal cuestión, que viña a ser a seguinte:
Mira rapaza, que cousa vale máis que uns bois cun carro de ouro?
Ó que a rapaciña lle contestou:
Un xaneiro xeadeiro, un febreiro muiñeiro, un marzo ventoso, un abril chuvioso, un maio pardo e un San Xoán claro valen máis que os bois e o carro.
Por Delfina Taín Fernández
19 de Xullo do 2017