Curso de iniciación á pandeireta Zarracós 2017

A presentación e inicio do mesmo será o día 6 de Outubro ás 19.30 horas

Curso de iniciación á pandeireta Zarracós 2017

Ó longo de máis tres lustros en Zarracós desenvolveuse un curso de traballos manuais que sempre contou cunha grande aceptación, boa mostra disto son as fermosas exposicións de clausura realizadas ó final de cada curso lectivo. Pois ben, este ano cambiamos por completo de modalidade para ofrecer un Curso de iniciación á pandeireta.

Novamente, e grazas a financiación do Excmo. Concello de A Merca, a empresa Xurxemurxe (buscada por está asociación para tal fin) impartirá este curso no local sociocultural de Zarracós. A presentación e inicio do mesmo será o vindeiro venres, día 6 de Outubro, a iso das 19.30h e o único que fan falta son ganas de pasalo ben e aprender, e como non, unha pandeireta, que inicialmente será proporcionada pola empresa.

O curso impartirase todos o venres por espazo de hora e media, dende as 19.30 horas ata as 21.00 horas, sendo o calendario previsto inicialmente o seguinte:

  • OUTUBRO 2017
    • Venres 6: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 13:  Festivo
    • Venres 20: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 27: Curso de 19.30 a 21.00
  • NOVEMBRO 2017
    • Venres 3: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 10: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 17: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 24: Curso de 19.30 a 21.00
  • DECEMBRO 2017
    • Venres 1: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 8: Festivo
    • Venres 15: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 22: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 29: Festivo
  • XANEIRO 2018
    • Venres 12: Curso de 19.30 a 21.00
    • Venres 19: Curso de 19.30 a 21.00

Para inscribirse poderán facelo chamando ó teléfono 650186732 ou a través do correo electrónico correo@zarracos.org.

Este curso ten unha límite de 15 prazas polo que, a pesares de ser aberto ó público en xeral, no caso de existir moita demanda terán preferencia os socios desta asociación.

Dende a asociación de veciños agardamos que esta nova aventura sexa do agrado da maioría ó mesmo tempo que vos animamos a participar.

15 de Setembro do 2017




Destacamos