Xornada micolóxica Zarracós 2016

Sábado, 19 de Novembro, a partires das tres da tarde. Inscrición de balde.

Xornada micolóxica Zarracós 2016

Dende a Asociación de Veciños consideramos que é de vital importancia coñecer o noso entorno e as posibilidades que este ofrece, aprendendo a respetalo e valoralo. Por iso, o vindeiro sábado 19 de novembro, organizamos a I Xornada Micolóxica Zarracós 2016 á que se poderá asistir completamente de balde.

Sobre as 15.00 horas reuniremonos xunto ó local socio-cultural de Zarracós para saír ó campo a recoller cogomelos coa colaboración da docente Rita Cid Vergara  (Licenciada en Ciencias Ambientais) que nos axudará a identificar claramente todas as variedades que poidamos atopar. É aconsellable vir provistos de navalla e cesto (non se admitirán bolsas para a recoleción).

Unha vez rematada a saída, a iso das 18.00 horas e de novo no local socio-cultural, Rita impartirá unha charla de introdución á micoloxía, aprenderemos a distinguir os cogumelos máis comúns e as posibles confusións que poida existir e darásenos unha noción sobre a normativa de recoleción existente.

 

16 de Outubro do 2016




Destacamos