As obras do campo da festa da parroquia de Zarracós seguen avanzando

Xa queda menos para ter un espazo  deportivo e de ocio renovado na Broa

As obras do campo da festa da parroquia de Zarracós seguen avanzando
As obras do campo da festa da parroquia de Zarracós seguen avanzando

As obras do campo da festa da parroquia de Zarracós seguen avanzando
As obras do campo da festa da parroquia de Zarracós seguen avanzando

A empresa Cruzval S.L. xa executou practicamente a totalidade dos traballos necesarios para completar a remodelación da cancha de baloncesto da parroquia de Zarracós, soamente lle queda pendente a colocación das canastras, das porterías e o marcado da pista, que seguramente terá que esperar a que melloren as condicións meteorolóxicas.

Así, e se vos achegastes polo campo da festa nas últimas semanas, puidestes comprobar que na parte inferior do mesmo quedou un importante desnivel que se produciu ó nivelar a cancha de baloncesto, dado que antes tiña unha pendente bastante pronunciada que de seguro que moitos de vos sufristes ó practicar deporte nela.

A solución deste desnivel non está englobada dentro da obra contratada polo Excmo. Concello de A Merca coa empresa Cruzval S.L, polo que dende a asociación de veciños nos puxemos inmediatamente mans á obra para solucionar este pequeno contratempo.

Hai unhas semanas, a empresa Construcións Novoa retiraba os tres bancos de cemento da parte inferior e o pasado venres iniciaba os traballos encargados  por esta asociación para construír un paso mais en cada unha das escaleiras do campo, así como unha especie de arqueta en cada unha das farolas  coa finalidade de impedir que a terra cubra a súa base. Tamén procedía a enterrar os tubos de desaugue da cancha e a sacalos ata o valado da parte inferior.

Unha vez rematados os pertinentes traballos de albanelería a empresa Escavacións Velo, por encargo desta asociación, procederá a reencher uns 35-40cm na parte inferior do campo e tamén na entrada do mesmo dende a casa da Trina coa intención de mitigar o forte desnivel que existe agora mesmo, tamén realizará os traballos de compactación necesarios para evitar que a auga faga estragos. Para isto, a terra necesaria sacarase do terreo que esta asociación de veciños ten en propiedade nas Santas.

En definitiva, xa queda menos para que as veciñas e veciños da parroquia de Zarracós, e por extensión dos lugares limítrofes, poidan dispor dun espazo deportivo e de ocio de primeiro nivel na súa zona.

14 de Xaneiro do 2019




Destacamos