Roteiro de A Broa
Información xeral
Ano Inauguración: |
2015 |
Punto de partida/chegada: |
Bar Parroira (Fontao). |
Lugar: |
Concello da Merca (Ourense) |
Servizos: |
en A Parroira, Corvillón, Allariz, Celanova, Podentes. |
Accesos: |
Dende a OU-300 que vai de Allariz a Celanova, en Corvillón desviarse a dereita pola OU-0205 cara A Merca, Zarracós, Olás... |
Puntos de interese: |
Ponte Ermida, A Lera, San Cibrao, Fonte dos ollos, Penedo da nosa señora, Río Arnoia, Canal do Ruca etc. |
Información: |
|
abroasendeirismo.blogspot.com
http://www.barparroira.com/ |
Itinerario
O roteiro ten unha lonxitude aproximada de 13,4 Km, con deseño circular. Saímos do bar Parroira e baixamos ata Fontao. Bordeamos a antiga escola, agora restaurada, e xiramos a dereita para seguir polo “camiño dos Pequenos” ata chegar a estrada asfaltada, descendendo uns metros e continuar a dereita na “curva do Cancelo” pola pista de terra. Chegamos ao “carballo do Ferreiro”, e no cruce seguiremos recto polo camiño de Magarelos, ata chegar a unha nova indicación que nos manda xirar a esquerda para descender polo “camiño do Poulo”, ata atoparnos co camiño que ven da Portela. Neste punto seguimos a esquerda descendendo ata chegar a carón do río Arnoia, na “presa do Cholas”. Continuamos pola marxe esquerda, deixando a nosa dereita os restos da presa, ponte e muíños en ruínas. Seguimos o camiño ancho e ascendemos ata o pobo abandonado da “Ponte Ermida” . Saímos atravesando un pequeno regueiro e continuamos a media ladeira por enriba da “presa do Cándido”, ata chegar a un desvío a esquerda para seguir polo “camiño do Cándido” ata a zona do “Castelo”. Continuamos polo camiño a dereita na zona da “Fonte Vella” ata chegar ao pobo de Covas do Río. Seguindo as indicacións chegamos a “aira da Otilia”, continuando pola canella que vemos en fronte para saír a un souto e continuar polo carreiro, ata a zona do “Covelo”. Seguimos a esquerda e ascendemos polo “camiño de Morgade” ata a zona das “hortas de Salpurido”, deixando ao noso paso a dereita os penedos chamados “o coto das Moás”. A dereita descendendo polo “camiño da Fraga” chegamos despois de baixar un pequeno zigzag ata a “fontela da Fraga”. Continuamos por esta fermosa paraxe colgados sobre o río Arnoia, chegando a divisar a nosa dereita o “Canal do Ruca” sobre a marxe dereita do río. Seguindo as indicacións atravesamos Entrambosríos, pasando a carón da capela, para saír de novo a estrada, e logo continuar polo camiño que en lixeiro ascenso nos leva ata Olás. Veremos unha indicación do roteiro debaixo da pista polideportiva. Chegamos de novo a estrada e xiramos a esquerda para antes da fonte subir a dereita, pola zona dos canastros ata ver de novo unha sinal que nos indica que seguiremos a esquerda, para ir dirección ”a fonte dos Ollos”. Podemos desviarnos uns metros a dereita para ver este famoso penedo ou seguir a nosa esquerda pola estrada uns 150 metros, para logo desviarnos a dereita baixando polo piñeiral ao pobo de Oxén. Seguimos a esquerda e sen desviarnos chegamos ao “Camiño Real”. No cruce, de novo a esquerda continuamos ata “o Campo Grande”. Avanzamos ata chegar a estrada da Rebola. Cruzamos e a 50 metros continuamos recto para seguir polo “Camiño Real” ata chegar de novo o Bar Parroira.
Mapa do roteiro
Perfil do roteiro
Descargas
Fonte de información: A Broa Sendeirismo
20 de Abril do 2015