Vivendas

Anuncios de vivendas dispoñibles para mercar ou alugar na nosa zona. Se así o desexas, podes publicar o teu anuncio completamente de balde.


Casa en Zarracós (Referencia: RV-0041)

Barrio do pobo: O Campo
Modalidade: Venda
Superficie: 150 m2
Prezo: 30000 Euros
Número de servizos: 1
Número de habitacións: 3

Véndese casa de pedra situada no centro da aldea de Zarracós, Concello da Merca (Ourense).

A casa, que data do ano 1930, conta cuns 150 metros cadrados distribuídos en dúas plantas. Dispón de 3 habitacións, sala, cociña rústica de leña, baño, balcón con galería e bodega. A ela éntrase a través dunha portada tradicional galega que da acceso a un patio privado duns 45 metros cadrados. Dentro do mesmo recinto e con acceso a través do mencionado patio tamén hai un almacén, que data do ano 1900, e que conta 104 metros cadrados distribuídos en dúas plantas. Así mesmo, anexo á vivenda hai unha horta de 250 metros cadrados.

No mesmo lote tamén se incluiría un terreo que está a uns cen metros da vivenda principal e que ten unha superficie de 2254 metros cadrados. En dita finca tamén hai unha pequena edificación que se podería empregar como almacén e un pozo de barrena.

Por último, destacar que o inmoble esta localizado a 10 minutos da Vila de Celanova, a 10 minutos da vila de Allariz e a 20 minutos de Ourense, ademais de estar emprazado nunha zona de alto valor paisaxístico e natural (A Broa).


Imaxe vivenda 1
Imaxe vivenda 2
Imaxe vivenda 3
Imaxe vivenda 4
Imaxe vivenda 5
Imaxe vivenda 6
Imaxe vivenda 7
Imaxe vivenda 8
Vivenda anunciada o día 31 de Xullo do 2021


Vivendas En Portais Inmobiliarios

Anuncios de vivendas dispoñibles na nosa parroquia publicados nos diferentes portais inmobiliarios.

Imaxe Casa para reformar

Casa para reformar

Poboación: Salpurido
Portal: Idealista
Modalidade: Venda

Imaxe Casa rural reformada

Casa rural reformada

Poboación: Zarracós
Portal: Idealista
Modalidade: Venda

Imaxe Casa ou chalet independente

Casa ou chalet independente

Poboación: Zarracós
Portal: Idealista
Modalidade: Venda

Imaxe Casa para reformar

Casa para reformar

Poboación: Cobas do Río
Portal: Idealista
Modalidade: Venda

Imaxe Casa independente

Casa independente

Poboación: Cobas do Río
Portal: Idealista
Modalidade: Venda




Destacamos