VIII Concerto de aninovo Zarracós 2023

Martes 3 de Xaneiro, ás 19.00h, na igrexa parroquial de Zarracós

 VIII Concerto de aninovo Zarracós 2023

Prácenos comunicarvos a celebración do VIII Concerto de Aninovo Zarracós 2023, que este ano será o Martes 3 de xaneiro ás 19.00 horas na Igrexa Parroquial de Zarracós. Unha cita xa clásica na nosa parroquia, que este ano volve ó seu formato tradicional.

Para esta nova edición contaremos cun gran elenco de artistas: Grupo de Pandeireta de Zarracós, Grupo de Baile BailaBroa, Olga Martín (Piano), Lucía Rodríguez (Piano), Maricarmen Peña (Piano), Bieito Blanco (Acordeón), Baldomero Pavón (Tenor), Marta Justo (Canto), Alis Vázquez e Antía Mazaira (Canto), Eva Rodríguez (Violín) e Grupo de Acordeóns Bieito Blanco.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que fan posible este concerto: Bieito Blanco e a súa escola de música, parroquia de Zarracós, grupo de pandeireta de Zarracós e Xesta Brava SCG. Mil grazas pola vosa colaboración!

 

21 de Decembro do 2022




Destacamos