Ludobiblio Zarracós

Un espazo cultural para o esparexemento da veciñanza

Ludobiblio Zarracós

Queremos iniciar o 2023, ano do noso 30 Aniversario, co obxectivo sacar adiante un novo proxecto colaborativo que pretende ir medrando pouco a pouco froito das achegas de todos os veciños e veciñas. Como ben sabedes, nos últimos meses reformouse o palco da música, e abofé que quedou ben,  agora a nosa intención é por en valor este lugar e convertelo nun espazo cultural para o esparexemento da veciñanza.

Un lugar no que poder reunirse, xogar unha partida ó xadrez, ás damas, ás cartas, ó parchís, ler algún dos libros dispoñibles, escoitar música, debuxar, ... Por iso dende a asociación de veciños optamos por crear neste local unha ludoteca-biblioteca que decidimos bautizar co nome: Ludobiblio Zarracós.

Agora é onde entra a vosa colaboración, se dispondes de libros ou xogos de mesa que aínda estean en boas condicións e queredes participar desta iniciativa doando algún, non dubidedes en poñervos en contacto con algún dos membros da directiva da asociación de veciños.

Para a biblioteca existirá un catálogo público que poderedes consultar a través de internet en calquera momento e lugar, a dirección é a seguinte:

https://glg.librarything.com/catalog/aavvzarracos

 

29 de Decembro do 2022




Destacamos