O Concello da Merca acondiciona varias eiras en Cobas do Río atendendo as demandas da veciñanza e da asociación de veciños

O Concello da Merca acondiciona varias eiras en Cobas do Río atendendo as demandas da veciñanza e da asociación de veciños

Hai uns días, o Concello da Merca procedía a acondicionar as eiras de Cobas do Río atendendo a demanda realizada pola propia veciñanza do pobo e por esta asociación de veciños. Unha intervención bastante necesaria, sobre todo debido a que se venderon varias casas nesta aldea (unha boa nova sen dúbida) e en múltiples ocasións, complicábase moito poder estacionar un vehículo ou manobrar.

Así mesmo, tamén puxeron solución a outras demandas como a instalación e reparación de bancos ou a restauración do subministro eléctrico no local social de Cobas do Río.

Sen embargo, quedan pendentes outras cuestións importantes como é o arranxo da pista que comunica Cobas do Río con Corvillón, que ten unha fochancas considerables ou o arranxo de varios puntos de luz.

 

02 de Abril do 2023




Destacamos