O Sorteo Extraordinario Zarracós 2023 quedou deserto

A terminación premiada corresponde ó número 689

O Sorteo Extraordinario Zarracós 2023 quedou deserto

O pasado domingo, día 7 de maio de 2023 ás 21.00 horas, tivo lugar o Sorteo Extraordinario do Día da Nai de “Loterías y Apuestas del Estado” no que resultou agraciado o número 46689, polo que a terminación premiada no Sorteo Extraordinario Zarracós 2023 correspondería a 689.

A casilla premiada houbera sido a número 138 que xogaba as terminacións: 685 - 686 - 687 - 688 – 689, pero non foi vendida, polo que o Sorteo Extraordinario Zarracós 2023 quedou DESERTO.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso agradecemento a todas as persoas mercaron papeletas para este sorteo e contribuíron de xeito altruísta ó bo funcionamento da nosa asociación. MIL GRAZAS

 

08 de Maio do 2023




Destacamos