Colocación das bandeiriñas para engalanar as rúas da parroquia pola festa 2023

Colocación das bandeiriñas para engalanar as rúas da parroquia pola festa 2023

Colocar as bandeiras para adornar as rúas da parroquia é un traballo que cada vez se complica máis pola ausencia de relevo xeracional.

En consecuencia, dende a directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós decidimos que a organización soamente vai colocar bandeiras no Campiño da Igrexa Parroquial.

Así mesmo, novamente optouse por tomar unha decisión “Salomónica” e repartiremos as bandeiras entre aqueles socios que desexen engalanar a súa casa, patio ou rúa.

Se así o desexades, poderedes pasar a recoller o voso tramo por xunto ó José Manuel.

19 de Xullo do 2023




Destacamos