Balance económico festa das Neves Zarracós 2023

As contas presentan un saldo positivo de +102,54€

Balance económico festa das Neves Zarracós 2023
Balance económico festa das Neves Zarracós 2023

Balance económico festa das Neves Zarracós 2023
Balance económico festa das Neves Zarracós 2023

Nas imaxes axuntas a este artigo podedes acceder ás contas da festa das Neves Zarracós 2023, así como, ó listado de donativos da mesma. Tal e como se pode comprobar, estas arroxan un saldo POSITIVO de +102,54 € que se ingresarán na conta bancaria da asociación de veciños,  a falta dunha cota por cobrar.

Este ano a recadación foi superior á do ano 2022 (173,10€ máis), logrando xuntar a extraordinaria cifra de 11.052,10€, cantidade realmente excepcional  sobre todo tendo en conta os tempos tan complicados que estamos vivindo. Así mesmo, grazas a axustar o orzamento da festa a cifras similares as celebracións anteriores á pandemia,  foi posible acadar uns escasos beneficios, pero beneficios ó fin é ó cabo.

Se analizades un pouco nas contas, poderedes comprobar que cada vez hai menos cotas, este ano soamente se cobraron 61 o que supón 3 menos que o ano 2022. Pola súa banda os donativos e a venda de rifas son os ingresos que actualmente están axudando a soster a festa.

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós quere dar as grazas:

  • A todos os veciños desta parroquia pola súa excepcional colaboración, tanto económica como doutro tipo, máxime, nestes tempos tan difíciles que estamos a vivir.
  • A todos aqueles veciños da parroquia, así como doutras parroquias, que achegaron diñeiro a maiores.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo dos 300 €, así como, a aqueles que axudaron a vendelas desinteresadamente.
  • A todas aquelas persoas que mercaron rifas para o sorteo do Nadal.
  • A todos os establecementos e marcas comerciais que contribuíron anunciándose nos carteis ou simplemente dando diñeiro sen  ningún tipo de contrapartida.
  • Ós compoñentes do Grupo de acordeóns Bieito Blanco, por deleitarnos coa súa gran profesionalidade e animar a festa do venres, mención especial a Bieito Blanco que a maiores tamén ensaiou o coro parroquial.
  • Ós veciños que botando man dos seus instrumentos e das súas voces se prestaron para cantar a misa ou animar a queimada de fin de festa.
  • A todos os colaboradores que axudaron a levar a cabo os xogos infantís, as olimpíadas e todos os traballos necesarios para levar a bo porto a festa deste ano, mención especial a xuventude que este ano se implicou de verdade.
  • A todos aqueles que participaron nos distintos torneos celebrados con motivo da festa: chave, fútbol e tute.
  • Ivette Bordera, Maricarmen Peña, Ángel Vento e Nuria Erre Pe por colaborar para facer realidade a I Exposición de Arte Local.

Grazas a todos e cada un de vos as festas de Zarracós son o que son

Dende a Asociación de Veciños agardamos que esta festa, cos seus erros e cas súas virtudes, fose do agrado da maioría de todos vos.

Finalmente, destacar que este ano a xuventude implicouse na festa e é algo para agradecer, pero pedimos que ese espírito de colaboración non morra e que cada ano se vaian animando máis e máis a participar na organización para non deixar morrer esta festa, pois as forzas dos que neste momento asumimos o maior peso van indo bastante xustas.

25 de Agosto do 2023




Destacamos