Nos vindeiros días estarán á venda as rifas para o sorteo da Festa das Neves 2024

Participarás no sorteo de catro fantásticos premios

FSDA

Un ano máis, iniciamos a carreira de fondo para  facer realidade unha nova edición da Festa das Neves, Así e tal e como ven sendo costume, nos vindeiros días comezaremos a vender papeletas para Sorteo da Festa das Neves 2024 que se celebrará de xeito presencial na noite do 4 de agosto. As papeletas terán o prezo dun 1€ e pola compra de 5 unidades regalaremos unha máis, é dicir, 6x5.

Os premios ós que poderás acceder son os seguintes:

  • 1º PREMIO: 200€
  • 2º PREMIO: 100€
  • 3º PREMIO: Lote Zarracós da Tenda do Pepiño de Allariz
  • 4º PREMIO: Lote de queixos de Queixos Feijóo

Para que as festas da parroquia de Zarracós sexan posibles, colabora e merca rifas

29 de Abril do 2024




Destacamos