Publicidade Festa das Neves Zarracós 2024

Polo módico prezo de 30 euros

 

Publicidade Festa das Neves Zarracós 2024

Como ben é sabido por todos son tempos complicados, non só para pequenas e medianas empresas, senón tamén para humildes comisións de festas ou asociacións sen ánimo de lucro como a nosa.

Dende a asociación de veciños sempre consideramos que calquera festa que se celebre ten que axustar o seu orzamento ó que se pode xuntar na parroquia, por iso, non queremos molestar pedindo colaboracións a empresas porta por porta, pero abrimos a porta a que aquelas empresas que poidades e desexedes colaborar con nos dalgunha maneira para manter a actividade o poidades facer.

Polo módico prezo de 30€ (conxelado dende o ano 1993) ofrecemos:

  • Publicidade en redes sociais
  • Publicidade en www.zarracos.org
  • Publicidade nos carteis da festa
  • Publicidade no campo da festa

De antemán grazas a todos os que vos animedes a axudar!

 

16 de Maio do 2024




Destacamos