Hoxe ,a través deste medio dixital, podemos anunciar o que sen dúbida é unha grandísima nova para todos os veciños da parroquia de San Andrés de Zarracós.
A empresa Alquimia S.L.L ven de rematar a restauración do retablo maior da Igrexa Parroquial, tras catro intensos meses de traballo, e como se pode apreciar nas imaxes acompañantes os resultados saltan á vista, e esta fermosa obra de arte barroca acaba de recuperar o seu explendor orixinal.
Son moitos os traballos que se fixeron nel para acadar o resultado que agora podemos ver, pero sen dúbida algúns dos que máis nos impactarán os veciños posiblemente sexan estes:
Sen dúbida, esta é unha gran obra, da que os veciños da parroquia de Zarracós nos debemos sentir orgullosos, por que non é algo sinxelo de facer nin fácil de financiar. Por iso dende a Asociación de Veciños queremos agradecer a colaboración de todos os veciños e en especial de Manuel Vázquez e Manuel Canal, sen os cales non sería posible haber realizado esta grandiosa obra da que agora podemos presumir. Tamén queremos agradecer á Excma. Deputación de Ourense a súa aportación e a Delegación de Patrimonio do Bispado de Ourense a súa excelente colaboración.
(Arriba: imaxe do retablo restaurado)
(Arriba: imaxe do retablo sen restaurar)
13 de Outubro do 2010