O tesouro da Fraga

Vamos a narrar o conto dunha familia de moi boa posición, que un bo día decidiron esconder un tesouro. Estes tiñan un criado, o cal eles pensaban que non era do máis espelido, polo que lle mandaron cavar un burato nun monte da súa propiedade sito no paraxe denominado “A Fraga”

Pero o criado non era tan parado como eles crían e escondeuse nun lugar onde puido presenciar todo o acontecido. Cando os amos fixeron toda a faena, envolveron o saco cunha corda á que lle deron tres atados pronunciando as seguintes palabras “O que de ti queira gozar tres biquiños che ha de dar”, cerraron o burato e fóronse pensando que o seu tesouro quedaba a ben recaudo e que ninguén presenciara a escena.

O criado acércase para desenterrar o saco e atópase cunha serpente enorme á que daba medo acercase, pero el pronunciou as palabras, “corda es” , para logo darlle tres bicos e desfacer o feitizo levando consigo o tesouro dos amos.

19 de Maio do 2013




Destacamos