Aviso: Ao cobro a cota da Festa das Neves 2026

Aviso: Ao cobro a cota da Festa das Neves 2026

AO COBRO A COTA DA FESTA 2026

Infórmase ás persoas asociadas da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós de que a cota da festa para o ano 2026 xa está ao cobro.

O importe será de 100 €, segundo o acordo adoptado na Asemblea Xeral do 26 de xaneiro de 2025.

O pagamento poderá realizarse a través dos membros da Xunta Directiva ou mediante ingreso na conta da asociación en Caixa Rural de Allariz:

 

ES97 3070 0046 4664 5648 0729

(Indicando nome e apelidos no concepto).

 

Como xa se informou en Asemblea Xeral, a organización da Festa das Neves 2026 será asumida por unha Comisión de Festas formada por mozas e mozos da parroquia, que contarán co apoio da Asociación de Veciños para continuar mantendo viva esta tradición.

A asociación encargarase, como sempre, do cobro das cotas veciñais, mentres que a Comisión de Festas asumirá a organización do evento e a recadación dos fondos necesarios para a súa celebración.

Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza e desexamos que entre todos fagamos posible unha gran Festa das Neves 2026.

 

28 de Xuño do 2026




Destacamos