O evento celebrouse o pasado xoves 13 de agosto de 2026
O pasado xoves, 13 de agosto, o campo da festa de Zarracós converteuse por unha noite nun auténtico escenario do Oeste coa celebración da Festa Vaquera, a nova proposta organizada pola xuventude da parroquia.
Tras o éxito da Festa Hawaiana do ano pasado, a mocidade volveu apostar pola creatividade e pola diversión, desta vez cunha temática vaqueira que animou a veciñanza e visitantes a sacar os seus sombreiros, botas e camisas de cadros para vivir unha noite diferente e chea de ambiente.
A festa estivo acompañada de música, baile e moita diversión, nun ambiente no que non faltaron os disfraces e a participación de persoas de todas as idades. Unha noite pensada para desfrutar, rir e compartir, que volveu demostrar o potencial da xuventude á hora de organizar actividades e dinamizar a vida da parroquia.
Desde aquí queremos felicitar a toda a xuventude pola iniciativa e agradecer o esforzo e a ilusión postos na organización. Un ano máis, conseguistes crear unha cita especial que reuniu á veciñanza e encheu Zarracós de alegría e bo ambiente.
Parabéns por esta Festa Vaquera! Agora só queda esperar para descubrir con que nova proposta nos sorprenderedes o ano que vén.
22 de Agosto do 2026