Balance económico festa das Neves Zarracós 2026

As contas presentan de novo un importante saldo positivo

Balance económico festa das Neves Zarracós 2026
Balance económico festa das Neves Zarracós 2026

Balance económico festa das Neves Zarracós 2026
Balance económico festa das Neves Zarracós 2026

Balance económico

Nas imaxes que acompañan a este artigo podedes consultar as contas da Festa das Neves Zarracós 2026, así como o correspondente listado de donativos recibidos.

Tal e como se pode comprobar, as contas da festa presentan un balance positivo de +2.466,52 €, resultado dunha recadación total de 14.428,70 € fronte a uns gastos de 11.961,18 €.

Este resultado permite pechar a edición de 2026 cun balance económico moi positivo, froito do esforzo realizado para axustar o orzamento ás previsións de ingresos e, sobre todo, da colaboración e xenerosidade de todas as persoas que contribuíron a facer posibles as festas.

O importe correspondente ao beneficio, 2.466,52 €, será ingresado na conta bancaria da Asociación de Veciños San Andrés de Zarracós, quedando unicamente dúas cotas pendentes de cobro.


Agradecemento

Un ano máis, queremos agradecer de corazón a todas as persoas que fixeron posible a celebración das Festas das Neves 2026.

Grazas a toda parroquia de Zarracós pola confianza, pola colaboración e por estar sempre aí. Grazas a quen participou nas actividades, colaborou cos seus donativos, mercou rifas ou botou unha man para que cada detalle saíse adiante. Cada achega, por pequena que sexa, é fundamental para manter vivas as nosas festas.

Queremos agradecer especialmente a todas as persoas que colaboraron na organización, na preparación das actividades, na música, nas alboradas, na decoración e en tantos outros traballos que moitas veces non se ven, pero que son imprescindibles.

Un ano máis, a parroquia de Zarracós demostrou que as festas son moito máis ca uns días no calendario: son encontro, amizade, tradición e orgullo de pertencer a un pobo. Porque a verdadeira forza das Festas das Neves está na súa xente.

Grazas a todos por facer de Zarracós un pobo vivo.

24 de Agosto do 2026




Destacamos