O local sociocultural de Zarracós ateigouse para gozar do monólogo de Cándido Pazó

Esta cuarta noite de monólogo tivo lugar o día 7 de agosto do 2019

O local sociocultural de Zarracós ateigouse para gozar do monólogo de Cándido Pazó

O pasado mércores, día 7 de agosto, o local sociocultural da parroquia de Zarracós quedouse pequeno para acoller ó numeroso público que se achegou ata o pobo para gozar da contada do gran Cándido Pazó, e iso a pesares da chuviosa tarde-noite que se presentou e que obrigou a trasladar o evento ó acollido, restándolle un pouco de vistosidade.

Coa historia de Abelardo Caruncho como fío condutor, o actor, director, monologuista... foi entrelazando contos e anécdotas que el foi recollendo “así como llo contaron” para arrincar o sorriso dos presentes dentro do improvisado teatro no que se converteu o local sociocultural, así como no exterior, pois moitos non puideron entrar e tiveron que gozar do espectáculo no exterior, pasando algo máis de frío.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a Cándido Pazó pola súa profesionalidade, o seu bo facer e o seu bo trato, tamén queremos dar as grazas a Bieito Blanco por sonorizar o evento de xeito totalmente altruísta. Agardamos que esta cuarta noite de monólogo fose do agrado de todos os que vos animastes asistir.

Así, para que poidades revivir o vivido, deixamos uns cantos vídeos e unhas fotografías do evento:

Pulsa aquí para ver a galería fotográfica do Monólogo de Cándido Pazó 2019

13 de Agosto do 2019




Destacamos