IX Concerto de Nadal Zarracós 2023

Sábado 30 de decembro, ás 19.00h, na igrexa parroquial de Zarracós

IX Concerto de Nadal Zarracós 2023

Prácenos comunicarvos a celebración do  IX Concerto de Aninovo Zarracós 2023, que este ano será o Sábado 30 de decembro ás 19.00 horas na Igrexa Parroquial de Zarracós,  unha cita xa clásica na nosa parroquia.

Para esta nova edición contaremos cun gran elenco de artistasGrupo de Pandeireta de Zarracós, Grupo de Baile BailaBroa, Olga Martín (Piano), Lucía Rodríguez (Piano), Maricarmen Peña (Piano), Baldomero Pavón (Tenor), Marta Justo (Canto), Alis Vázquez (Canto), Eva Rodríguez-Joenny de Luna-Jonathan (Violín), André Outumuro (Saxofón) e Grupo de Acordeóns Bieito Blanco.

Dende a asociación de veciños queremos expresar o noso máis profundo agradecemento a todas as persoas e entidades que fan posible este concerto: Bieito Blanco e a súa escola de música, parroquia de Zarracós, grupo de baile BailaBroa, grupo de pandeireta de Zarracós e Xesta Brava SCG. Mil grazas pola vosa colaboración!

23 de Decembro do 2023




Destacamos